Enviado por bela o día 14.04.2009
Dúas linguas, unha na procura da outra, encóntranse e saúdanse penduradas no aire. Fanse as beiras e o baile comeza. É un agarrado onde a unha leva a outra cara o seu escondrixo, a outra métese ata o fondo sen deixar de arrimarse máis e máis en cada volta, apalpándose a escuras, batendo contra as paredes, súando, recoñecéndose ata non distinguir o sabor propio do alleo.