Remuiñán e Villar fixeron as mellores marcas o domingo, con 6,63 e 6,61 respectivamente.
Tras soportar o paso do tempo, nada menos que 27 anos, a marca galega absoluta de 6,69 de María José Martínez Patiño en 50 metros foi rebaixada por Lidia Remuiñán a 6.63, nunha semifinal matinal, interpretada polas atletas, segunda a Federación Galega de Atletismo, cunha depurada corrección técnica. Mais todo isto aconteceu minutos despois de que Virginia Villar fixese que os árbitros pararan o reloxo en 6,70, batendo a marca por primeira vez no día. As dúas atletas deixaron o listón ben alto (aínda que elas corrían) no Pazo de Riazor, o domingo.
Daquela só quedaba chegar á semifinal, e as cousas saíron ben outra volta. Desta a marca galega volveuse bater, cos 6,61 marcados por Villar, quen, grazas a unha saída aceptábel e a unha aceleración prodixiosa, engadiu este rexistro ao seu palmarés. Tres mulleres máis baixaron de 7,00: Lidia Remuiñán (6,68), Lidia Casal (6,89) e Iria Martínez 6,94. O nivel medio da proba foi excelente.
No peso tamén se bateron as marcas
Había un duelo servido: entre a Eva Costas e Mercedes de Santaló. Finalmente a cousa terminou en nova plusmarca galega xuvenil, ao lanzar Costas o peso até os 13,39 metros. A luguesa Santaló quedou en 13.08. No concurso masculino, destacou o rexistro de Fernando Paredes (15,79 m).
Outra gran actuación foi a de Jean Marie Okutu, que no salto de lonxitude chegou aos 7,47 metros, estabelecendo unha nova plusmarca dos campionatos e pasando en catro ocasións a barreira dos 7 metros.
Toda a información das clasificacións e as mellores marcas galegas pódela atopar na páxina da Federación Galega de Atletismo.