 
 
Para ir facendo boca, xa na rede un avance da primeira novela de Marcelino Fernández Mallo.
 
											Con vizosa experiencia como articulista, na actualidade mantén en Vieiros a columna A Cerna do Xalundes e tamén colabora na Radio Galega, o economista Marcelino Fernández Mallo desembarcara non hai moito na escena literaria co libro de relatos Cabilia. "Os seus relatos son unha bomba nuclear contida que paseniñamente se vai preparando para o estoupido final, nunha temporalización que se ofrece con mestría e con coñecemento do que se ten entre mans", analizaba daquela a crítica.     
  
  Desta volta, Fernández Mallo aventúrase coa súa primeira novela, A Trenza. Unha historia que comeza co seu protagonista ingresado no cárcere de Teixeiro á espera de ser entrevistado pola psicóloga da prisión. Entrevista a partir da cal iremos coñecendo os detalles vitais da tumultuosa traxectoria vital do seu protagonista, Mario Quintela, cuxa vida como funcionario eficiente e esposo amante parecía estar condenada á felicidade dunha familia calquera.   
  
  Este martes ás 20h o Centro Fonseca, na Coruña, acolle a presentación da novela, editada por Ézaro.   
  
  Na bitácora A Trenza pode descargarse o primeiro capítulo.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto