| TENDA


Un albariño na lingua...

Adega Durán, a Mesa pola Normalización Lingüística e Vieiros lanzan esta campaña conxunta para promocionar o galego, o comercio electrónico e os productos galegos de calidade.

Con cada botella de albariño Vento Mareiro que adquiras a través da tenda electrónica de Vieiros, Adega Durán doaralle un euro á promoción e defensa da lingua galega. O obxectivo da Mesa pola Normalización Lingüística, Vieiros e albariño Vento Mareiro é conseguir 6.000 botellas vendidas, ou sexa, 6.000 euros para a normalización da lingua.

No proxecto colaboran tamén o BBVA, entidade que é a encargada de garantir a seguridade e a confidencialidade do comercio electrónico e Transportes Gómez, que é a empresa galega da loxística e de facer chegar o viño á casa dos compradores.


Vieiros inaugura con esta iniciativa particular as súas tendas electrónicas. Nas vindeiras semanas iranse incorporando novas tendas:
- Boa Music, música galega,
- Ir Indo, libros,
- A Mouga, productos tradicionais,
- Pratanova, xoiería.


Quere unha tenda?
Se quere ter máis información, póñase en contacto connosco.